Yelp axuda a localizar hipsters este verán (ou a fuxir deles)

Os hipsters de Londres están en Shoreditch.

Os hipsters de Londres están en Shoreditch.

Xa tes claro que vas facer este verán? Algunha viaxe especial preparada? Se entre os teus plans están cidades como Portland (oh, paraíso hipster), San Francisco o Nova York (ou Londres ou París, que o outro queda un pouco a desmán), Yelp acaba de facer algo que será moi útil na túa viaxe: uns mapas interactivos que amosan en vermello os lugares nos que hai máis concentración de cousas (ou persoas) como cervexa, chocolate ou hipsters. Si, amigos: agora terás moito máis doado atopar a zona cool de cada cidade que visites, ir a eses sitios aos que só van os hipsters coma ti, fuxir dos turistas, diso tan terrible que é facerlle unha foto á Torre Eiffel.

Os mapas de Yelp están tan ben pensado que é difícil entender por que non se lles ocurriu antes (e Foursquare xa pode ir empezando). Saben en que zona da cidade hai máis hipsters porque é o que din os usuarios nas descricións dos comercios ou lugares. Collendo esas palabras clave, Yelp marca en vermello os puntos de maior concentración da categoría que escollas. Porque non só se trata de atopar hipsters (de feito, non podes facelo en todas as cidades, en París non hai!), están tamén os turistas, yuppies, brunch, barato, resaca, romántico, café… a guía definitiva!

yelp-wordmap

 As cidades nas que o Wordmap de Yelp funciona son de momento moi poucas (Austin, Boston, Chicago, Londres, Los Angeles, Nova York, París, Philadelphia, Portland, San Diego, San Francisco, Seattle, Toronto e Washington DC), pero a idea é tan boa que estaría moi ben que se extendese a máis rincóns do mundo. Que zonas aparecerían como lugar de presencia hipster en Compostela? Onde estarían os pijos en Vigo? E os estudantes en Ourense? As preguntas son case infinitas.

Desde Yelp aseguran que a súa plataforma conta con 34 millóns de críticas e comentarios, unha información moi valiosa cando se xoga cos datos como fixeron neste experimento. “A xente vén a Yelp a ler e escribir valoracións, ver fotos e atopar información de negocios, pero eses datos aloxan moito máis coñecemento local do que se pode ver na superficie”, escriben no seu blog.

Polo de agora deixan unha ferramenta magnífica para estas cidades, algo que debería pasar de ser unha curiosidade a un exemplo práctico do que a análise de datos pode conseguir. Buscar hipsters ou fuxir deles nunca foi tan doado. Se vas a Nova York, xa sabes, a concentración principal está en Williamsburg. Ti verás se de verdade queres entrar aí.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *