Cool ou non? A volta do tie-dye

Isabel Marant tie-dye

A estas alturas da vida xa sabemos que  todo volve: as ombreiras, os pantalóns campá e mesmo os petos vaqueiros. Tanto da que non lle gusten a ninguén, iso non evitará que os vexamos nas mellores editoriais de moda. Entre as cousas que lembramos horrorizados ao ver as nosas  fotos de mocidade (a saber: os anos 90) están  os tops que non cubrían o embigo, os pantalóns campá -como e canto nos resistimos aos pitillo-, aquelas terribles mallas Nafta para as que perderan totalmente a noción do que queda ben e o que queda mal e o estampado tie-dye (ou hippie, como o denominabamos nos vellos tempos).

Falamos dese destinxido ou degradado, nun só ton ou multicor, que decoraba cazadoras, pantalóns, e xerseis pero sobre todo camisetas co símbolo da paz, típico da psicodelia dos anos 60 e 70, pero que nos 90 volveu con forza para irse coa mesma velocidade e quedar só como reduto de distinción grupal. Ata agora.

Esta primavera as marcas decidiron levar o tie-dye a todo tipo de públicos e en todo tipo de prendas, e o que é mais sorprendente, cun toque chic. Ao mesmo tempo, a sempiterna crise leva a desenvolver profundamente iso da customización e atopamos que o destinxido tie-dye non só se fai un montón, senón que ás veces ata queda ben. De feito, o nome tie-dye (atar e tinxir) do estampado, fai referencia ao modo de conseguilo: primeiro atando a prenda con gomas, e despois aplicando a tintura.

En Primark, sempre atentos, nos deixan claros que teñen moitas prendas para seguir a tendencia por menos de 10 euros, aínda que nalgunhas prendas a influencia hippie vai demasiado lonxe.

primar tie dye

En Blanco prefiren deixar o tie-dye nun simple degradado horizontal de cor. Esta camiseta que une encaixe e tie-dye gústame bastante.

Camiseta blanca

En Zara podemos atopar un bolso máis discreto, na línea da foto que vemos en portada do xersei de Isabel Marant (porque o do tie-dye saíu das pasarelas de alta costura, non vos creades que é unha invención das tendas low-cost).

tie dye Zara

E en moitísimos blogs anímannos a tinxir as nosas propias prendas. Esta cazadora de degradado de azul a lila ten un punto charramangueiro que case me convence, debo dicir. Vino en This fashion is mine.

teñir cazadora

Por ultimo, antes de decidir se isto é cool ou non, ten en conta que bloggers de (máis ou menos) renome como Mellow Mayo ou Stelle wants to die sumáronse a esta tendencia sen pudor algún.

tie-dye-mayo

tie-dye-bloggers

Foto | Lovely by Lucy

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *