Pan e Chocolate, algo máis que un salón de té en Compostela

DQ130502_01Papel pintado nas paredes, porcelana fina nas mesas, coxíns de colores e un sillón no que poder sentarse a ler: eses son algúns dos atractivos de Pan e Chocolate, a última incorporación á lista de locais para tomar algo en Santiago de Compostela e o último fichaxe da rúa Galeras (que xa ten a La Tertulia e que realmente apunta maneiras como rúa con potencial chic). Pan e Chocolate lembra aos salóns de té británicos, unha tendencia popular noutras cidades pero que en Santiago algúns fans botábamos en falta. Detrás de Pan e Chocolate están Silvia, unha decoradora que é a responsable do look and feel do local, e Jesús, que pasou unha tempada traballando en Reino Unido e que é quen responde sobre a filosofía gastronómica do local. “Apetecíame facer algo a medio camiño entre un salón de té e un club inglés“, explícanos. “É un sitio tranquilo, para tomar unha tapiña, almorzar ou tomar un cóctel”. E insiste en que Pan e Chocolate quere ser “como o salón da túa casa, podes sentar a tomar un café ou unha copa”.

DQ130502_02As opcións da carta son variadas, polo que o local pode ser unha alternativa para ter en conta a diferentes horas do día. Polas mañás pódese almorzar botando man da variedade de repostería que teñen exposta nunha esquina da barra. Polo momento, non fan eles os pasteis (*), , que chegan da tamén bastante chic La Bulanxerí, unha panadería gourmet que acaba de abrir no Ensanche, aínda que todo se andará. Hai tortas de chocolate con framboesas, napolitanas de aires franceses e que ben poderían ser chamadas sen desmerecer pain au chocolat ou cupcakes de sabores. Os domingos, entre as dez da mañá e as catro da tarde, está a opción brunch, que a un prezo bastante popular (sobre todo se temos en conta o que pode chegar a custar un brunch nun local de moda) permite degustar doce, salgado, café, infusións e a copa de cava que lle dá ao brunch o toque decadente que todos os seus defensores apreciamos tanto.

De martes a sábado, hai carta de mercado nas ceas con catro ou cinco cousas diferentes que, aínda que se defende como “sen ningún tipo de pretensións”, aposta por cousas distintas como poden ser un sándwich de rosbif ou unhas ostras Napoleón. “Hai un pouco de todo”, dinnos. E sendo cociña de mercado cada día é distinto. Os seus responsables explican tamén que queren meter un prato do día cando todo estea un pouco máis asentado (abriron o 1 de abril, así que aínda están empezando). Polas tardes terán nun futuro un día de afternoon tea, que pensan en facer unha vez por semana e que será como os habituais tés de media tarde dos británicos. E para rematar sempre quedan os cócteles. Ademais de preparar os habituais das cartas de sempre, cada semana teñen un especial e máis exótico, como por exemplo o citronelle de hai unhas semanas.

Polo momento non podedes atopalos nas redes sociais, así que terás que ir fisicamente. Están na rúa Galeras, na altura do número 16 e xusto enfronte da antiga fábrica de Fenosa. Pechan os luns por descanso.

(*) Xa os fan eles, cóntannos por mail. Polo momento, chegan de La Bulanxerí os croissants, as napolitanas, os suizos e o brioche, aínda que teñen a maquinaria en Pan e Chocolate para comezar en breve a facer eles os primeiros. 

FotosAndrés Fraga

Shares

3 comentarios

  • daniel guisande cosmos di:

    Decepcionante volta de Pan e Chocolate, tralo descanso estival agardaba atopar o mesmo ambiente pero vése que todo muda …. de NY a Carabanchel Alto! Carrie Brandshow agora é a Terremoto de Alcorcón …

  • antonio gonzalez cuevas di:

    Sin ninguna duda!!!! Este tugurio ya no merece estar en un blog de esta categoría !!!

    Horrible café! y no hablemos de la repostería!! ¿ en serio no la podían comprar en lugar de darla descongelada? OMG!!! Qué triste!! Ya lo decía la tita Luisa No es quién quiere si no quién puede y la que no se jode y baila mi alma!!!

    ¿ QUÉ HA PASADO AQUÍ?????

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *