Disquecool xa ten dous anos e queremos darche a disquebolsa

disqueorixepeq

Semella que foi onte pero non é verdade. Éramos máis novas, algunha máis delgada (houbo quen case chorou vendo as fotos daquela época) e tiñamos o bandullo cheo porque acababamos de comer unha ración de pulpo á feira. Así, hai xa dous anos, nacía a idea dun medio de tendencias en galego, no que iamos escribir, como xa dixemos moitas veces, das cousas que nos facían felices. Uns días despois, igual de novas e tamén ben servidas (neste caso cunhas tortillas de Teletortilla…), comezamos a traballar en serio en Disquecool, no medio que hoxe vedes. 

Disquebolsa DisquefestaHoxe facemos dous anos (si, non nos dimos conta de que era un día festivo cando dixemos abrimos o medio en serio e para todo o mundo) e estamos moi contentos de celebrar este aniversario. Dende entón pasáronnos cousas marabillosas, como atoparnos con vós no Culturgal, na Disquefesta ou hai nada na nosa participación no VANDivulgación. Cada quen ten o seu momento estelar e máis emocionante dentro de todo o que fixo en Disquecool, xa sexa conseguir aquela disqueficha ou entrevistar a un boneco de trapo, aínda que todos os días destes dous anos foron estupendos para nós.


Agardamos que por diante nos queden unha chea de aniversarios de festexar con todos vós, pero como este é moi emocionante (facemos un bienio, como tantas cousas que saían no libro de Historia!) queremos agasallarvos con algo moi especial. Imos sortear 10 disquebolsas, edición Disquefesta. Que é o que tes que facer para levar unha? Tes que deixar un comentario neste artigo dicindo que che gustaría atopar en Disquecool nos próximos dous anos. E quen sabe… ao mellor a túa proposta materialízase no próximo bienio! Tedes dende hoxe á hora da publicación do post ata o mércores 8 ás 10 de mañá para deixar a vosa proposta. Entre todos os que deixen o comentario sortearemos, empregando Random, as dez disquebolsas.

Fotos | Andrés Fraga

 

Shares

58 comentarios

  • Snob di:

    Reportaxe fotográfica sobre a matanza do porco con filtros de Instagram.

  • Lucía di:

    Máis propostas de entornos máis alá do urbán. O rural tamén pode ser moi cool. Parabéns!.

  • Gustariame que incorporasedes un apartado de programación semanal en Galicia. Adoro as vosas suxerencias!
    Parabéns e que cumprades moitos máis!

  • Bea di:

    Así de boas a primeiras non cambiaría nada xa que en dous anos medrástedes moito. E non, non é peloteo. O que realmente se bota en falta son máis entrevistas fóra do ámbito musical, quería dicir.

    Un saudiño e noraboa.

  • Anxos di:

    Quixera que seguirades na mesma liña con moita innovación e novidades, quizais profundar un pouco máis na literatura de noso, na poesía que a xente nova está facendo en Galicia, diferente e novidosa coma a vosa páxina.
    parabéns.

  • Sa di:

    Un calendario cos eventos mensuais mais cools

  • Manuls di:

    Eu quero que fagades unha axenda de eventos cool limitada por provincias de manera mensual.

    Por pedir que non quede :)

  • Ana di:

    Gústame moito o que facedes, bos descubrimentos teño feito grazas a vós. Pero, se cadra, a axenda sería unha boa incorporación.

  • Catherine García di:

    Que esteades co voso stand en tódolos festivais galegos de música que vai haber este verán, facendo enquisas, tirando fotos e vendendo o voso merchandising!

  • Patri SoRey di:

    Gustaríame que lle metésedes o dente ás tecnoloxías en galego e para o galego. Aí volo deixo.

  • Olalla Piñeiro di:

    Unha axenda semanal do maís cool das principais vilas da Galiza. :)

  • Lu di:

    Roteiros cuquis polas cidades

  • María Munín di:

    Máis teatro!!! Moitos parabéns por estes dous anos :)

  • Fabián di:

    Unha reportaxe sobre a Illa de San Simón ou unha xornada de Pique-Nique por algún sitio e que a relatedes e tiredes fotos dela!

  • Helena di:

    Felicidades por éstes dous anos! Unha proposta sería un pequeno programa na tele cos adiantos cultura les do mes
    Agora con R creo que teriades opcions. Un biko e moita sorte

  • Sabela di:

    Mais ecoloxía! Capitán planeta é mooooi cool!

  • Lula Fortune di:

    Pois claro que vos quero ler dous anos máis e outros dous, e dous, e dous… Bicos

  • Begoña di:

    Eu engadiria mais sorteos coma este!
    E tamén un pouco de ciencia, os galegos somos moi curiosos e cientificos!!!!
    Noraboa por estes dous anos. Bicos

  • María di:

    Reportaxe sobre os deseños das portadas dos novos discos dos folkis galegos.

  • Eu di:

    Pois algo máis erótico festivo… non sei … Parabéns por certo.

  • Cris di:

    Estaría ben ler algunha proposta de cousas que pasan ou que se poden facer en vilas, non só nas cidades (Santiago, Vigo, Coruña….), que están moi ben, pero ás veces máis alá dos edificios tamén se fan cousas cool! ;-)

    Parabéns polo aniversario!

  • Brian Habana di:

    nos próximos dois anos gostava de encontrar no Disquecool: Felicidade :D

  • Angel di:

    Gustaríame ver videos e curtas feitos en galego.

  • Lola di:

    Nos próximos dous anos gustaríame seguir lendo cousas tan cool coma as de agora!

  • DurdenGarci di:

    Unha axenda de eventos cool, por provincias e que poda sincronizar ao meu calendar!

  • Unha axenda de eventos está claro, pero que podamos actualizar todos os que seguimos Disquecool, cubrir os campos e subir o evento en tempo real. Desta forma estaría sempre actualizada e cubriríamos tódalas poblacións (non só as grandes cidades) nas que moitos deles pasan desapercibidos o ter menos publicidade. Tamén sería unha forma de axudarvos!

  • Roskis di:

    Disquefichas universais! De tódolos lectores (e redactores) de Disquecool ! Da xente da rúa! De todo o que queira!! Un taboleiro de Disquefichas inspiradoras!!

    Ao estilo do proxecto persona de Jtrav…pero con fichas personais!!
    http://www.flickr.com/photos/jasontravis/sets/72157603258446753/

  • ericka di:

    Por pedir… gustaríame ver as respectivas disquefichas dos BLACK KEYS cubertas, despois dun concerto seu en Compostela ;)

  • MISAE di:

    Moitos parabéns!!! a min nos próximos anos gustaríame que organizasedes un festival COOL, que incluise todos os apartados que se tratan na web, algo diferente aos festivais habituais, pero que tivese arte, música, cultura, novas tecnoloxías, etc. nun entorno tamén diferente…

    bikinhos!!

  • Maria Rodriguez di:

    Por min seguide como ata agora…manténdonos informados de toda a actualidade cultural que se pode atopar hoxe en día…Os eventos e actividades que propoñedes son do máis variado. Felicidades polo voso traballo!!

  • Arousana di:

    Boas disqueraparig@s.
    Encantanme as vosas propostas filmicas, as tendencias de moda, os diseñadores, e artistas galegos. Sería interesante que houbese mas post de viaxes e sitios molóns “Low-cost” para “estudantes-sen diñeiro”.

    Noraboa polos dous anos!!!

  • Rocío di:

    Parabéns polos dous primeiros anos! Prós próximos propóñovos o disquereto de dar información de viaxes, cursos interesantes e ocio variado pra petos axustados! Saúdos e moita sorte!

  • Maria Alfonso di:

    recunchos galego nos que perderse

  • Javi Prieto di:

    Poderíades falar máis sobre viaxes de natureza en Galicia, para petos axustados. E algo máis sobre fotografía, para aprender a usar esas reflex tan cool que temos, pero que están en modo automático
    Noraboa pola web, foi un gran acerto.

  • Juan Rodriguez di:

    Grazas polo voso traballo. A min gustaríame que rebuscasedes polos centos de festexos que teremos nos próximos meses, para atopar os eventos mais cool que axuden a manter vivas as verbenas e festas do noso pais. Principalmente as rurais, as mais típicas, e as que mais risco corren de desaparecer.

  • Javier di:

    Axenda de eventos,roteiros de establecementos cools, presenza máis a pe de rúa (moita xente aínda non os coñece) e para rematar crear unha tenda online con merchandising oficial Disquecool e outros productos cool díficiles de atopar na Galiza.
    Un biquiño :)

  • Sisangro di:

    O primeiro, parabéns por estes dous anos! Gostaríame como di algúnha outra seguidora, que vos fixerades eco dos eventos que pasan máis aló das cidades: O rural mola!!! E no rural ou nas pequenas vilas tamén se fan concertos, teatro e moitas outras iniciativas cool. Interesaríame que houbese máis posts vencellados con iniciativas empresariais e laborais alternativas, dada a situación na que nos atopamos, paraceríame moi interesante (xa sei que tendes feito posts sobre tendas, locais, etc, pero aumentade a visión hacia negocios on-line, e oportunidades de emprendemento). E moitas gracias por seren tan cool sin seren resabiadas!! Bxs

  • MOMO di:

    Inda que acabo de atoparme coa vosa páxina..e me resulta fantástica !! Enhorabóa por ese aire fresco !! melloras ?? gustaríame poder encontrar unha pestaña ó link a “come cool” tal vez percorrendo galicia con ideas de bares e lugares cool para almorzar, cear ou tomar unha copa..en Vigo recoméndoos “UNOESTA” con iniciativas como os brunch ;)

  • Pois eu propoño unha sección do chamado “DIY”, con tutoriais de artesáns galegos (que habelos, hailos… e moi bos!)

    Parabéns por estes dous anos, e a cumprir moitos máis! e nós a seguir disfrutando :)

  • Tareixa Martínez di:

    Eu gostaría de roteiros chulos e de algo de artesanía do país, que o tradi éche moi cool!!

  • Por que dous anos? Longa vida! E algo semellante a unha axenda con música e os próximos concertos, quizáis restaurantes e bares “culs”. Se aínda para máis ven ordeado por lugares… enriba de mel, filloas.

  • Vero di:

    Encántame Disquecool, un medio de tendencias en galego era o que nos facía falta!! :). Boto algo en falta… propostas con recunchos da natureza para perderse? :)
    Seguide así!

  • Manuel di:

    Guías para roteiros de arte urbana polas cidades galegas. Seguide así!!!

  • Pablo di:

    Eu penso que é menester adicarlle un amplio artigo de opinión e un reportaxe a nova marabilla do deseño made in Galicia: Mexi-llón.

  • Adrián di:

    Un DisqueFestival no que só participen grupos galegos.

    Noraboa pola páxina! Saúdos.

  • Beabaio di:

    Parabéns polo aniversario!
    Gústame moito o voso traballo. Se cadra prestaría máis atención á música cool que xurdeu no país nestes últimos anos (novos grupos, estilos, discográficas e salas que os apoian) e tamén ás webseries, que están en auxe.

  • Carmela Cañedo di:

    Gostaria moito dunha sección das tendencias mais green do momento (viaxes, cosmética, moda, gourment,…), aínda que nalgúns artigos xa se reflexan temas ambientais Parabéns polo bienio!!!

  • Carmen Fernández di:

    Norabao polo aniversario! É xenial como tamén hai boas novas no ámbito da comunicación. Eu apúntame o que xa vos comentaran, unha axenda de eventos para poder sincronizar porque ás veces da rabia perderse cousas ou enterarse tarde! E tamén algo máis de roteiros, viaxes e rincóns noutros puntos de Galicia,

    O dito, moitas felicidades!!

  • Sira Martín Lomba di:

    Gustaríame ver unha guía de eventos para nenos,e se os pais e nais tamén poden participar mello que mellor,iso sí, tanto en vilas como en cidades.Parabens por estes dous anos e saudos dende A Guarda.

  • Ce di:

    Parabéns e que sigades na rede e na rúa moitos anos máis!! A miña proposta: lugares para facer cicloturismo en Galicia (rutas chulas sen ter que subir montañas :p).

  • Apúntome ao do festival/evento e a que duredes, cando menos, outros dous anos :)

  • Visto o visto (a cantidade de comentarios), máis sorteos!!! XD Xa que estou, aproveito para ofrecerme como corresponsal en Francia ;) Noraboa polo aniversario e o bo traballo que facedes, ata lervos!

  • Couto di:

    Seguramente máis artigos sobre literatura, tebeo, fanzine e autoedición. Tampouco me disgustaría ler algun artigo sobre patrimonio galego e ruinas arqueolóxicas en xeral (non creo que haxa cousa máis vintage ca esta).
    Parabéns, e gracias polo traballo que facedes!

  • Alicia di:

    Parabéns por estes dous primeiros anos de vida. A verdade é que me gustan moito os contidos da páxina, difícil facer novas suxestións en canto aos contidos xa que lle dades a case todos os paus, así que os meus comentarios van dirixidos ás seccións que xa tedes.
    1. Estilos de vida (viaxes): Incluír rutas en Galicia, hai recunchos moi fermosos pero descoñecidos.
    2. Estilos de vida (gourmet): Máis críticas sobre restaurantes/tendas galegas.
    3. Letras: Incluír unha lista mensual dos libros máis interesantes que se publiquen en galego.
    4. Teatro/cine: Aínda que me encantan as críticas temáticas que facedes, como complemento, creo que estaría moi ben darlle un carácter máis actual a esta sección facendo reseñas de obras e películas que se estreen efectivamente nas salas galegas.

  • Alfonso di:

    O que espero atopar daquí dous anos é … a vós! (que sigades ese tempo e moito máis)
    e postos a engadir, propoño unha sección disque-sportiva, coas novas tendencias en deporte e nutrición
    Parabens e saúdos dende BCN

  • Beiña di:

    E que me dicides de unha sección de lugares para tomar unha boa tarta e ler un bo libro?
    :)
    Parabéns polos dous anos e que sigades moitos mais!

  • vanessa di:

    Parabéns!!! Xa sei que esta fora de tempo pero gustariame ver mais propostas de lugares bonitos de Galicia para coñecer. Lugares descoñecidos… para pasar o día, o fin de semana. Con fotos, con fotos…. petición!!!!

  • vanessa di:

    Hello Disquecool!!! Xa sei que volvo a estar fora de tempo jajaja. Non é por a bolsa …. que esta chula tamén pero é por dar ideas… Estaba pensando que podedes por mes poñer como un pequeno calendario de festas en Galicia, esas especiais que pocos coñecemos. Por exemplo hace pouco entereime que se fai cada ano unha festa en Orense que se vai en tren e debe ser moi chula.. pero non sei nin como se chama.. por eso o digo os despistadilloa como eu… jeje. Bicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *