Baristart: o arte latte levado ao extremo

Seguro que notaches que dun tempo a esta parte hai moitos lugares nos que, cando pides un café, este vén cun adorable debuxo feito sobre a espuma do leite. O sorriso é sempre inevitable, e dá unha mágoa terrible destruír esa pequena peza artística a golpe de culler. Esta tendencia que xa leva uns anos con nós recibe o nome de arte latte e parece o extremo de todos eses movementos de arte efémero. O do xiz e a lousa parece tremendamente duradeiro ao seu carón. O arte latte é similar aos debuxos de Vik Muniz no ceo co rastro que deixan os avións. Condenado a desaparecer nuns minutos.

Ao igual que en todas as disciplinas artísticas, no arte latte hai niveis. Xa, ti non chamarías arte a calquera deses debuxos que veñen sobre o café, pero posiblemente todo cambiaría se o teu camareiro fose Mike Breach, un verdadeiro artista do latte. Todo empezou cando traballaba nun hotel, e pasaba horas en compañía da máquina de espresso facendo cafés. Con todos os ingredientes ao seu alcance, non tardou en empezar a pintar sobre o café. Ao principio só caras. Máis tarde, ante a emoción da xente e o hype creado ao seu redor, foi ampliando o seu repertorio de debuxos.

Breach, que colga as fotos das súas efémeras creacións nun Tumblr chamado Baristart, tivo ata a clásica crise creativa que ten que ter todo artista. Cando o seu blog empezou a ter éxito e el empezou a facerse famoso, decidiu que non, que aínda non era o suficientemente bo. Abandonou o Tumblr durante uns meses e adicouse a practicar. Volveu ao grande, como uns Beatles que volven de Hamburgo. Cal é o seu estilo pictórico? Podedes ver as imaxes e sacar conclusións. El defínese como “espressonista”.

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *