Festival Alt: teatro non convencional

Festival AltQue se está a facer no mundo do teatro? Máis alá dos circuítos institucionalizados, máis alá das grandes obras nas grandes salas, hai un bulebule que resta debaixo, pezas que exploran novas linguaxes no teatro, pero tamén na danza ou no performance, pero aos que moitas veces non temos acceso, principalmente porque nin sabemos que iso existe.

Desde hai 12 anos, o festival Alternativo das artes escénicas de Vigo axúdanos a combater esa ignorancia, mostrándonos pezas que buscan novos camiños polos que transitar, que reflexionan sobre o propio teatro, que experimentan cos xéneros, coa interpretación e sobre todo coas formas de comunicar. Así, durante catro días, espectáculos que normalmente permanecen nas marxes, toman o protagonismo. Espectáculos que poderán gustar máis ou menos, pero que sen dúbida sorprenderán.

Nesta doceava edición, que se celebrará en diversos punto de Vigo (no MARCO, na Casa Arines, no 1º andar da casa das artes e o auditorio municipal do concello) entre este xoves e o domingo, participarán 8 compañías de teatro, danza, perfomance ou novo circo, provenientes de lugares como Cataluña, Illas Canarias, Francia, Holanda ou Alemaña. Como cada ano, se prestará especial atención as propostas galegas máis vangardistas, coa peza de microteatro de Voadora, un espectáculo de creación colectiva da escola municipal de teatro e a presentación en formato de show case dos traballos en proceso de creación de diversas creadoras galegas.

As entradas para todos os espectáculos custarán 5 euros (o prezo se mantén desde o ano que naceu o festival) a excepción da peza de microteatro que custará 3 euros. Podedes ver toda a programación na páxina web do festival.

 

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *