Nordés, xenebra e vodka feitos en Vedra

Nordés-Estuche2Bot frontal

Todo comezou diante dun prato de polbo á feira, cando tres amigos se preguntaron porque non facer eles mesmos unha xenebra. Unha xenebra galega, que se beneficiase da cultura local: “Realmente nós temos unha grandísima tradición de destilado”, explícanos Xoan Cannas, de Nordés, lembrándonos que os augardentes galegos son moi valorados. “Nós mesmos desprestixiamos o produto co chupito gratis”. Esa xenebra non só ía ser feita en Galicia e a beneficiarse da tradición, senón que ademais ía ter unha base igualmente galega. Empezaron querendo facer unha xenebra con base de augardente, pero non resultou. Ata que probaron a destilar albariño. E aí naceu Nordés, a xenebra galega. 

foto botella ginA bebida saíu en xullo ao mercado e foi un éxito inmediato: coa primeira tirada prevían vendela en seis meses, pero agotouse en dúas semanas. “Non ten nada que ver coas xenebras de enebro”, dinos Xoan Cannas. O resultado (ao que tiveron que adicar “un ano largo” para atopar o produto final) é “moi aromático, moi floral, moi frutal” e leva catorce peculiares botánicos chegados de todos os puntos de Galicia para configurar o sabor final. Unha xenebra diferente cando a bebes que xa conseguiu facerse un oco nas cartas de gin tonics galegas e que comeza a facerse un nome fóra: non só está presente noutros lugares de España, tamén conseguiu saltar a outros países como os exóticos Australia ou Angola.

Pero aínda que a xenebra foi a primeira, non é o único licor diferente que destilan en Nordés. Dende Vedra, onde teñen a súa destilería (“é a zona onde hai máis tradición de destilado”, lémbranos Xoan Cannas), tamén fan vodka galego. A galeguidade pona aquí a pataca de Xinzo de Limia. “Os grandes vodkas hai cen anos eran de pataca”, explícanos Xoan Cannas. A escaseza alimentaria fixo que os produtores tiveran que buscar outros materiais e por iso hai cen anos deuse o salto da pataca ao centeo.

En Nordés probaron con varios materiais para atopar o que finalmente daba o resultado desexado. Comezaron tamén co centeo, pero ao final gañou a pataca. O vodka nordés faise así con pataca nova, pelada con gran precisión con mangueiras de auga a presión. Cen quilos de patacas permiten destilar 15 botellas de vodka. Nesta primeira edición saíron con 10.000 botellas de vodka galego, así que só hai que facer unha sinxela conta para descubrir cantas patacas foron precisas.

Tanto a xenebra como o vodka chegan ao mercado cun packagin que transmite moi ben as súas características, obra de Marta Lojo. “Cando comezamos a traballar tiñamos dous parámetros sobre o produto: tiña que ser fresco, Atlántico, e tiña que ser un produto elegante”.

Fotos | Nordés

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *