Deezer, precisamos outro Spotify?

DEEZER_ESP

Spotify mola bastante. Sacando o punto voyeur de querer que todos os teus amigos saiban en todo momento que estas escoitando (e vale, eu xa confesei publicamente o meu con Pitbull pero ninguén ten porque coñecer os meus outros pecados) o servizo está bastante ben e non é tan caro. Así que precisamos outro servizo de streaming musical? Tanto se pensades que si como se non, un novo xogador acaba de aparecer. Como explicaba un dos directivos na presentación de Deezer, o último competidor de Spotify en entrar no mercado español na roda de prensa de presentación, temos a sensación de que o mercado da música en streaming está moi “copado” pero en realidade hai moito camiño aínda por percorrer. “Non estamos para roubar clientes”, dicía, “senón para ampliar o mercado”. E que ten Deezer para convencer aos que aínda non usan servizos de música en streaming (e roubar aos que empregan outros se se preza)?

Para empezar, non hai que descargar nada. Certo que agora xa nos acostumamos a ter a Spotify no noso escritorio pero ao principio daba unha preguiza terrible ter que descargar o programa (coas súas actualizacións de cando en cando). O deseño é un pouco na liña do que tamén temos en Spotify (listas de reprodución a un lado, reprodutor, información complementaria no centro) aínda que un pouco máis estilizado e cun toque máis moderno que o do seu competidor. O catálogo é máis ou menos do mesmo peso: as dúas opcións permite acceder a uns 20 millóns de cancións. Decidida a probar a súa profundidade lancei unha chea de termos de busca con resultados bastante similares. Só fallou Deezer – a busca é en honor a Pitbull – coa canción ‘Obsesión’, ese clásico do verán de hai mil anos do grupo Aventura. Spotify si o ten.

Os contidos son un dos puntos que os responsables do servizo queren destacar. Están en máis de 180 países (incluído Afganistán!, pero non Estados Unidos, Xapón, China ou India) e destacan que buscan ofrecer en todos eses países un servizo de contidos personalizado, que permita que os usuarios de esa zona poidan acceder ao que realmente lles gusta. Ademais, agardan que o seu modelo posibilite cambiar a distribución xeográfica do mundo da música. Agora mesmo, apuntaban na presentación, seis mercados controlan o 80% do mercado da música. Eles agardan permitir que por exemplo un artista africano se poda escoitar en Europa. Eses contidos xa os teñen, grazas ao traballo de edición que realizan nas diferentes zonas nas que se atopan. Igualmente, insisten en que non queren ser “un tocadiscos” e que non só se trata de un algoritmo que pon música. Tamén hai expertos, persoas, que fan unha selección para os usuarios.

Deezer ten unha aposta de prezos igualmente competitiva. Para os usuarios españois, na súa estrea (levaban accesibles en España unha tempada, pero non estaban realmente no país; agora teñen oficina e equipo editorial), está unha opción fremium, con un ano de escoita de música e descuberta do servizo que se sostén con anuncios.  Para quen opten pola opción de pago poden escoller entre a versión navegador por 4.99 euros ao mes e a navegador + móbil por 9.99 euros.

Eles aseguran que son “sostibles” e que non precisan de inversión para sobrevivir. “Non traballamos a perdas nin a fondo perdido”, explicaba na roda de prensa de presentación o managing director de Deezer para España, Leo Nascimento, “non precisamos inversores para seguir vivos”. Curiosamente, as orixes de Deezer están nun servizo que permitía acceder a música en streaming pero que non tiña o dereito sobre todas esas cancións (vamos, pirata).

Shares

2 comentarios

  • Pois a min que sexa un servizo no navegador non me gusta. pode ser que estea moi habituado ao Spotify pero paréceme unha molestia ter que estar escoitando música aí e non ter un programa propio. Serán manías.

    Iso si, sempre está ben que se creen alternativas para consumir música de manera económica e con moito catálogo.

  • Mercedes di:

    Entre os mozos/as franceses Deezer é moitisimo mais utilizado que Spotify. Pero moitisimo mais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *