10 oficinas cool: cando ir a traballar é un pracer

Sabemos que no fondo non está ben, que todo é unha trampa para que traballemos máis horas sen emitir demasiada queixa. Como queixarte se podes traballar nun sofá, se tes futbolín para desestresarte, se hai sempre froita fresca gratis a man? É unha idea maquiavélica, pero tamén unha idea brillante. Todos quereríamos traballar nunha oficina desas con mobles de cores, con ximnasio ou spa, con mesa de billar e cun cuarto especial para durmir a sesta. A idea é que non teñamos que saír para nada. Ir a casa? De verdade falas en serio?

Deixando de lado as contradicións internas que isto provoca (ese desexo de traballar alí, ese odio cara os donos dunha compañía que quere ser o único da túa vida), hai poucas cousas que nos gusten máis que espiar como se fai isto das oficinas cool por aí polo mundo. As empresas tecnolóxicas e de publicidade son as raíñas (e agora pensa en cantas horas bota a xente normalmente nestes sectores), con Google á cabeza contenta por ser a empresa máis guai na que ser escravo. Porque, para que negalo, xa postos a estar escravizado, facelo con cores vivas arredor e cun tobogán polo que tirarse (mellor que a ventá).

Estas son as oficinas nas que nos gustaría ser escravos a nós. Hai para todos os gustos!

(Pincha nas fotos para acceder á fotogalería)

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *