Cool ou non? Estampado de insectos

Escaravellos, formigas, grilos, moscas ou, no mellor dos casos, bolboretas. Que sentes ante estes pequenos seres, non moi bonitos, que poden aparecer por calquera sitio? Amor? Atracción? Certo cariño?

Quitando as bolboretas do medio, e salvo os entomólogos, ninguén quere ter un bicho cerca. Hai quen os teme e hai quen os despreza, pero aí remata o abano de posibilidades. Iso si, se debuxamos eses mesmos bichos sen moito detalle e con moita cor, o tema cambia. O repugnante convertese en orixinal e o estampado de insectos en tendencia mundial.

No mundo da moda xa vimos a tempada pasada como as diferentes marcas se sumaban ao estampado de insectos con máis ou menos acerto. Os vestidos de bolboretas sempre foron un must do estilo naif, pero Zara introduciu unha camiseta de escaravellos?, que por moi coridos que sexan, non deixa de resultar bastante cuestionable (aínda que casi o prefiro á camiseta de bolboretas insulsas).

camiseta-insectos

Este outono inverno seguimos atopando o estampado de insectos, que chega mesmo á roupa interior, como esta proposta de Calvin Klein.

roupa-interior-insectos_phixr

Pero a gran novidade do momento é a adopción do estampado de insectos por parte do mundo da decoración, e mellor canto máis realista. Temos por exemplo varias láminas en IKEA adicadas ao mundo das ciencias.

insectos-lamina-1

E un felpudo en Urban Outfitters do máis chulo.

felpudo-bolboreta

Noutro campo no que o motivo destes artrópodos callou con forza foi no de xoiería. Nestes momento, o dos insectos é xunto coas caveiras, o tema de moda. A maioría limítanse a reproducir a forma de determinados insectos en materiais diversos, pero hai quen prefire facerse con insectos reais, pintalos, e introducilos en pendentes, colgantes ou broches. É o caso de InsectArt, pero iso estaremos de acordo en que moi cool non é.

joyas-bichos

Shares

    4 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *