5 ideas DIY para o Nadal

É cool o Nadal? Pois depende. Parece ser que os xersei de renos agora son cool, ou polo menos as cabezas deste animais na parede da túa casa (nunca en plan trofeo de caza, claro, a taxidermia non mola pero si a reprodución destes animaliños en madeira, cartón e outros materiais). As galletas con formas e azucre de cores, as temáticas cabana-de-madeira-en-estación-de-esquí e todo o que poidas facer con la experimentan un revival. Pero sentímolo, o belén de Playmovil que atesouras no teu faiado xa pasou a mellor vida. Papá Noel en cambio está de sorte: a barba é o novo bigote.

Dilucidar que é cool é bastante complicado, identificar que non o é resulta sinxelo. Todos os que ledes Disquecool o sabedes: os reis magos rubideiros, os adornos brillantes, os beléns sobrecargados con ríos feitos de papel albal e o caganer que por desgracia moitas casas galegas importaron dos cataláns.

Levar certo espírito invernal e festivo á túa casa é posible sen ter que recorrer aos clásicos horteras. Propoñémosche 5 proxectos Do It Yourself para adornar o teu fogar con poucos cartos sen ter que optar por arrepiantes figuriñas de Papá Noel que bailan ao son de panxoliñas.

1. Unha coroa de pompóns.

Déixate de lazos vermellos, piñas de plástico, campás e paquetiños de regalo. Escolle unhas las de cores bonitas, segue este titorial de como facer pompóns, e úneos todos nunha orixinal coroa coa que engalanar a porta da túa casa.

Titorial dispoñible en Bleubirdvintage

 2. Árbores alternativas.

As árbores de Nadal son moi mainstream, a non ser que as fagas con washi tape! Son económicas, diferentes, e perfectas para minipisos.

Visto en All washi tapes

 E se te pasaches facendo pompóns sempre podes utilizar os remanentes para construír a túa árbore de Nadal.

Árbore de pompóns

Visto en Milk Magazine

3. Adornos de papel.

Se non te podes resistir á idea de ter unha árbore de Nadal, ou se es desas persoas que colgan bolas das macetas, polo menos faino con estilo. Hai diversas opcións na rede de plantillas que podes imprimir, recortar e pegar con motivos ben xeitosos. Ademais pasarás unha boa tarde de traballos manuais.

decoracións de Nadal xeométricas

Dispoñible en Minieco

NOTA: (Non me resisto a introducir aquí estas bolas á venda nunha tenda online. Que alguén lle para os pés a Pantone! Facer adornos de Nadal xa é demasiado).

4. Agasallos DIY con la.

Se estás pensando en unirte ás tribos laneiras que mellor xeito de comezar que agasallando a un familiar ou amigo cunha bufanda feita a man? E se xa tes máis experiencia, igual ata te podes atrever cun xersei.

Na foto, un dos kits de We are Knitters

5. Innova nos envoltorios

Recoñece que o adhesivo “espero que che guste” resulta un pouco impersoal. Combina texturas, recicla teas e papeis vellos, engade algún adorno orixinal e consigue en internet algunha etiqueta imprimible bonita na que escribir o nome do agasallado.

packaging Nadal

Unha obra de Leslie Shrewing

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *