Cool ou non? Tipografía optimista

Love what you do

Están por todas partes. Nos muros de Facebook dos teus amigos, nas bolsas das tendas de roupa, nos pósters que decoran as estancias modernas nas revistas de decoración e mesmo en cuncas e bandexas. As mensaxes optimistas chegaron á nosa vida! Pero para imbuílas dun poso hipster que as afaste do paternalismo co que vemos os libros de autoaxuda, veñen con letras bonitas, con cores, cunha disposición particular.

E nun primeiro momento hei de dicir que me alegrei desta tendencia. Farta como estaba do cinismo postmoderno, saber que agora podía pór na miña habitación un cadro que dixera “Be happy” e seguir sendo molona, saber, sobre todo, que non tiña que seguir a entornar os ollos con desidia ante calquera cousa que pasase por diante, encheu o meu corazón de ledicia.

Pero claro, agora a dúbida é… mola o deseño tipográfico con mensaxe optimista ou seica pasámosnos?  Para estudar esta cuestión, déixovos algúns exemplos.

Unha boa fonte de produtos de deseño gráfico optimista é a tenda MrWonderful, con espellos,  caixiñas ou cuncas con textos inspiradores. Algúns rozan o relambido, pero outros gústanme bastante.

Taza Mr Wonderful

A bolsa de Kling é outro claro exemplo de como sacar partido á tipografía optimista, para facernos sentir especiais mesmo cando non podemos selo.

Bolsa Kling

Vinilos e pósters axudan a levar unha mensaxe de motivación ás nosas paredes. Ideal ler eses textos cada mañá (mellor en voz alta) para os  fans da programación neurolingüística. O vinilo que ves debaixo é da tenda Vynil Wall Decal.

Vinilo optimista

E o póster é de Handz.

Poster con inspiración

Pero o que máis me gusta, sen dúbida algunha, é facer un DIY de tipografía optimista, como o cadro de tela que ves en portada. En Poppytalk podemos aprender a facelo.

 

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *