Off Culturgal 2012: queres saber quen participa?

OFF CULTURGAL 2012, Disquecool

O equipo de Disquecool pasámolo realmente mal estes días, ser xurado non é nada doado! Seleccionar unicamente 9 entre tantas propostas interesantes foi unha auténtica tortura. Nesta segunda convocatoria do Off Culturgal recibimos unha chea de candidaturas do máis variado, todas elas merecedoras de figurar entre os proxectos seleccionadas, pero o formato Off Culturgal 99% Creatividade así o esixe: 9 presentacións de 9 minutos cada unha (6 minutos de intervención e 3 de preguntas do público). Pero deixémonos de tantas explicacións e vaiamos directamente ao que che interesa: quen terá a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e ideas creativas? Aí van os elixidos!

Plataforma Proxecto Cárcere. Proxecto cárcere (PARTICIPACIÓN CIDADÁ)

Microprojets & Co. Pot-age (R) + LAB (PAISAXISMO E COSMÉTICA = HORTOCOSMÉTICA)

Francisco Porto Varela. Lab Rural (ARTE, TECNOLOXÍA E INNOVACIÓN NO MEDIO RURAL)

María Baqueiro. Marujita Alegre (MODA)

Música no Claustro. Festival de música como arte interdisciplinar e social (MÚSICA)

VideodinamizARTE. Un proxecto psicolóxico-audiovisual (AUDIOVISUAL)

Creatividade á rúa! Uso artístico-multidisciplinar dos espazos comúns como algo propio onde desenvolverse…e empoderarse (ARTE URBANA)

Mapa Emocional. Un documental interactivo para descubrir o territorio tirando do fío. (NOVOS MEDIOS)

Mimadriña. Cousas xeitosas en papel (ARTESANÍA)

Como xa che adiantamos, o Off Culturgal consistirá nun encontro informal e dinámico para xente creativa que Disquecool organiza no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se desenvolverá durante os días 1 e 2 de decembro en Pontevedra.

Foto | Andrés Fraga

Shares

4 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *