Que debo vestir este outono?

Agora que parece que o verán finalmente rematou, un comeza a pensar en renovar vestiario, desempoar as vellas botas e lucir chuvasqueiro e katiuskas sen que ninguén te mire raro. E sobre todo, un comeza a pensar en todas esas prendas que están xa nas tendas, ai, esperando nerviosas ser mercadas.

Pero como non están os tempos para gastar sen pensar, convén ter claro, máis alá dos básicos, que comprar de cara a este inverno. Que tendencias serán inescusables para toda muller (síntoo rapaces, hoxe non toca falar de vós) que crea entender de moda? Aquí deixamos 5 indicacións de por onde van os tiros:

1. Military chic

military chic

O estilo militar de sempre (xa sabedes, color verde caqui, estampado camuflaxe, gabardinas con solapas…) combínase cun toque lady en vestidos anos 50, camisas con chatolas douradas ou sneakerssaias lapis en verde militar.

2. Sneakers con cuña

Esta é unha tendencia que non podo entender pero aí está. E o que é máis: comeza a verse pola rúa. Os sneakers son simplemente unhas zapatillas deportivas e agora levan cuña oculta. ¿Un despropósito? Pois é o que hai.

3. Peplum

Para contrarrestar o impacto da tendencia anterior, falaremos do peplum, unha tendencia que triunfou este verán e continúa con forza este outono en tecidos máis invernais como o coiro ou o tweed. Consiste en dar volume ás cadeiras, e non consigo determinar se iso é unha boa idea porque o voo as disimula ou se é mala porque as pronuncia aínda máis.

4. Luxo barroco

Brocados, borlas, moito dourado, pedrería, estampados que recordan a tapicería de certos sofás retro… Fronte á crise, ostentación.

Blanco

5. Total black

Total black

O bo desta tendencia é que non fai falla inverter moito nela. Quen non ten na súa casa uns pantalóns negros, un vestido negro, un xersei negro? Pois este outono só tes que poñelos todos xuntos. E se consegues certo look gótico cuns encaixes (sempre en negro) e prendas de coiro, mellor que mellor.

Fotos | Zara, Blanco

Shares

Etiquetas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *