HTC One S: análise

HTC One S: Análise

Sabendo todo o que sabemos sobre o HTC One X, sería sinxelo concluír que o One S é un simple irmán pequeno. O HTC One X é o monstro, o One S un smartphone máis normal. Estaríamos equivocados: o HTC One S é un irmán pequeno deses con luz propia, un irmán pequeno deses que poderían chegar a eclipsar ao maior sen moitos esforzos.

E é que, deixando xa as comparacións, o HTC One S é un deses smartphones que custa devolver despois de probalos. Eu cría que tiña un teléfono fantástico, pero xa non é así. Agora, tras dúas semanas de intenso uso, estou afeita ao tacto suave do One S, á súa extrema finura (7,8 milímetros! o smartphone máis fino de HTC!) e á facilidade e velocidade coa podo facer todo o que quero facer.

HTC One S: AnálisePor fóra, o HTC One S é fermoso e suave. Quizais un pouco suave de máis (estivo a piques de rematar no chan ao deslizarse entre os meus dedos en máis dunha ocasión), e quizais tamén demasiado delicado. Dinlle uso, pero cun coidado que normalmente non teño co meu propio teléfono. Aguantará o día a día de alguén torpe? Quizais non.

Por dentro, tras retirar a tapiña da carcasa, atopamos a espazo para a microSIM (si, leva microSIM), e non atopamos a da microSD: hai que conformarse cos 16GB de almacenamento que trae. Tampouco temos acceso á batería, que non é extraíble. Iso si, podemos cambiar a microSIM sen apagar o teléfono, sempre e cando logremos abrir a carcasa sen romper o teléfono (é posible, si, pero hai que calcar tanto que dá bastante medo facelo).

O primeiro que chama a atención ao acender o HTC One S é a súa nitidez e como brilla esa pantalla de 4,3 polgadas. Non en van, a resolución do móbil é de 540 x 960 píxeles. A diferencia co meu teléfono de uso diario (un Samsung Galaxy S SCL, resolución de 480 x 800) é unha vez máis notable. Algo similar a cando puxen gafas por primeira vez: eu cría que non tiña problemas de vista ata que puxen as gafas e vin que o mundo era aínda máis nítido.

O funcionamento do teléfono é tamén digno de mención: a combinación do procesador de dobre núcleo (o Snapdragon S3) e Android 4.0 (Ice Cream Sandwich) ten como resultado a rapidez e fluidez de todo no smartphone. As apps ábrense no momento, a resposta é sempre inmediata. Os cambios introducidos por HTC no sistema operativo (como sempre, tunean un pouco o Android con HTC Sense) non fan dano.

Come todo isto moita batería? Evidentemente, estamos a falar dun smartphone, polo que cargalo todas as noites é imprescindible. Aínda así, e dentro das súas limitacións, a batería dura bastante: durante os días de uso máis intenso (no Primavera Sound, sacando fotos nos concertos, subíndoas a redes sociais, consultando Facebook e o Whatsapp cada dous por tres, metendo o GPS de cando en vez cando me perdía por Barcelona…) aguantaba dignamente ata a 1 ou as 2 da mañá.

A cámara de 8 megapíxeles funciona tamén ben (e tamén moi rápida no disparo), aínda que non deixa de ser unha cámara de móbil coas súas limitacións típicas en canto falta unha pouca de luz. Iso si, o software inclúe detalles como moitos filtros (aínda que agora que Instagram xa está en Android, que máis ten) e a posibilidade de tirar fotos mentres estamos a gravar vídeo. Vídeo que, por certo, pode ser gravado en alta definición.

HTC One S: Análise

Un dos grandes peros que se lle pode poñer ao HTC One S é o dunha ausencia que agora non notamos, pero que quizais nuns meses empece a ser imprescindible nos teléfonos: a conectividade NFC. Se es dos que se ven pagando co móbil en pouco tempo, mellor escolle outro terminal.

O HTC One S é, en definitiva, un smartphone que ten pouco que envexar ao seu irmán maior. Co seu tamaño algo máis pequeno (é máis ben alongado) é bastante máis manexable, polo que segundo que uso se lle vaia a dar, a nivel práctico pode resultar bastante máis satisfactorio. Unha aposta segura para usuarios que queren levar un monstriño no peto.

* Análise feita grazas ao terminal cedido por HTC a Disquecool.

Fotos | Andrés Fraga

Shares

2 comentarios

  • Edu di:

    Para ser el hermanito pequeño del X pinta muy bien, entre este y los Xperia U y P, la gama media se pone interesante. Y mi Galaxy S empieza a estar viejito :)

  • Edu, eu incluso te diría que, se non precisas de un uso intensivo, o S é mellor elección que o X. Ten máis duración de batería e finísimo. A min tamén vaime tocando cambiar de móbil…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *