Un clutch de Kafka

Famosas con bolso de Le Tan
Bolso libro de Moby DickVinos por primeira vez na exposición Francia deseña hoxe, como claro exemplo do bo deseño galo. Fascináronme en canto os vin, por facer do libro un ready made (ou o equivalente que sexa no mundo da moda), polo seu aspecto vintage, por xogar cos rexistros da intelectualidade e sobre todo, porque me pareceu unha idea digna de ser copiada.

Non son a única que lles veu o potencial, claro está, e foron xa moitas as actrices famosas (arriba vemos a Natalie Portman ou Clemence Poesy) que posaron cos bolsos-libro de Olympia Le-Tan. A idea é moi simple: facer dun libro un bolso (ou máis ben facer un bolso con aparencia de libro). Así, creou bolsos coa portada de ‘Moby Dick’, ‘Lolita’ ou ‘A metamorfose’. Non negues que che gustaría levar o teu libro favorito coma clutch do momento. Iso é personalización da moda e o demais son parvadas.

Por mágoa, os bolsos de Le-Tan só son alcanzables polos petos das celebrities. Iso si, o libro está bordado a man (tela sobre madera) e coidado co máximo mimo. Aínda así, 1000 euros claramente non é unha opción. Menos mal que existe Etsy.

E é que alí tamén se decataron de que os bolsos libro merecen ser copiados. Temos os bolsos sobre e os bolsos bandoleira, máis grandes e máis pequenos, con portadas de clásicos ou de cadernos. E moitos teñen xa un oco no meu corazón.

Bolsos libro de Etsy

Fotos: Styleite, Chick Lit Designs e Novel Creations

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *