Vídeos para a fin de semana: animais riquiños

Que sería de internet sen animais riquiños? E que serían as nosas vidas se non puideramos perder o tempo en Youtube vendo vídeos de gatos (os reis indiscutibles da rede), cans, coellos, osos panda ou koalas (para moitos xa os novos gatos)? Os nosos días serían máis tristes e máis produtivos.

Se ningún destes vídeos logra producir en ti un Ohhhhhh!!, es sen dúbida unha persoa desalmada.

1. Gato sorprendido.

Recoñezo, aínda a risco de gañar impopularidade, que non son moi fan dos gatos. Creo que é un animal no que non se pode confiar. Pero iso non quere dicir que non teña sentimentos e non caia rendida ante o alto nivel de “riquiñismo” que desprende este miquiño. É imposible non deixarse conquistar. A persoa que diga o contrario minte.


2. Coellos en vasos.

Hai que ter moita forza mental para non deixarse hipnotizar por como moven os fociños.


3. Slow Loris con cóxegas.

Este Loris Lento tan simpático parece estar encantado coas fregas que lle dá a súa dona.


4. Bebé + Gato.

Nunha competición de “riquiñismo” quen gaña? Un bebé ou un gato?


5. Can bailarín.

Non estou segura de que isto resulte adorable, de feito é bastante inquietante. Aínda así non puiden resistir a tentación, é demasiado sorprendente como para non incluílo.


BONUS 1. Koala triste.

A este Koala as cousas non lle foron ben na vida. Está triste, moi triste, e as imaxes pasan pola súa cabeza mentres come unha mazá.

BONUS 2. Boo.

Boo, “o can máis riquiño do mundo”, é todo un fenómeno en internet. É un Pomerania de 6 anos cun corte de pelo que fai que pareza un peluche. Ten Facebook, con máis de 4.300.000 seguidores, páxina web, e ata un libro, ‘Boo: The Life of the World’s Cutest Dog’. Incluso podes mercar un boneco Boo!

Shares

5 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *