Disquecóctel: Coral

En cuestión de laranxas os expertos dirán que o que verdadeiramente está de moda é o Tangerine Tango, nomeado por Pantone cor do ano 2012, que poderedes atopar en abundancia en pasarelas e tendas, pero o coral, máis próximo ao rosa, tamén ten o seu protagonismo esta tempada. Nós somos moi fans, especialmente cando o viste ela.

Os outfits de Megan na 5ª tempada de Mad Men causan furor —ata convertila no novo icono fashion da serie—, e o que che mostramos é un dos máis comentados. Encántanos como combina o vestido coral co abrigo con estampado xeométrico a xogo.

Inspiradas polo estilismo da nova muller de Don Draper traémosche este novo Disquecóctel.

1. Pompón decorativo para festas en Etsy.

2. Vestido de Sessun en Urban Outfitters.

3. Cadeira en Twentytwentyone.

4. Caderno ‘Secret agents I met and liked’ en Urban Outfitters.

5.  Zapatos de Seychelles en Modcloth.

6.  Vestido vintage dos anos 60 en Asos Marketplace.

7. Sandalias de Sessun.

8. Imaxe de Pinterest.

9. Coxín en Etsy.

10. Alfombra feita a ganchillo en Etsy.

* Podes ver máis Disquecócteis de imaxes aquí.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *