Lousa: o novo branco

Cabecero de lousa

As paredes brancas pasaron hai bastante á historia (a menos que decoremos en rigoroso estilo nórdico): papel pintado (si, ese mesmo que nos parecía terrible cando o víamos na casa da tataravoa), vinilos de grandes dimensións, paredes de cores primarias (ou se somos aburridos, en cores neutras), e o ultimo hit: encher de encerados a casa.

Oficina de lousaAsí, a lousa convértese na protagonista do fogar a través de diversas formas. Un pequeno encerado magnético sobre a neveira, por suposto. Outro encerado con soporte, clásico, na habitación dos nenos. Pero sobre todo grandes paredes de verde ou negro encerado, mobles vellos recubertos con pintura de lousa,  pequenos encerados pintados directamente sobre a pintura branca… O certo é que o resultado é bastante fantástico.

Si un o pensa ben, práctico práctico non parece. Durmir co po dos xices impregnando o teu nariz, ou cociñar ao carón do encerado non só é pouco práctico, mesmo semella anti-hixiénico. E sen embargo… ben é certo que ante esta tendencia irresistible moitas marcas están a comercializar xiz aptopara alérxicos  que apenas se desfai, pero non sei que tal resulta.

En todo caso, o importante é o resultado. Pintar unha das paredes (todas non, por favor)  de lousa retrotrae a mente a unha infancia creativa onde ti es o único responsable da personalización dese lenzo baleiro. Agora que os proxectos DIY son os que molan a ata os máis torpes o intentan, agora que nos gusta o retro, agora que queremos facer da nosa casa un espazo único, podes apuntar algunhas das seguintes ideas para colaborar en facer da lousa o novo branco.

Paredes de lousa

Mobles de lousa

Fotos | Curbly, DCD, Sprogs `n dogs, Mamatoga, The Ktchn

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *