AfterWork 7. 5 creativos, 7 minutos de inspiración

Afterwork7, primeira edicion en Vigo7 minutos para inspirarnos é o lema de AfterWork 7, que arrincou o xoves 26 de abril en Vigo (La fiesta de los maniquíes) co obxectivo de pór en contacto a mentes creativas de diferentes ámbitos. O fotógrafo de Disquecool Andrés Fraga, a artista Tía Nuna, o organizador de eventos Carlos Domínguez, a contacontos Alexia Dotras e a fotógrafa Eva Díez compartiron na posta en marcha desta iniciativa as súas motivacións e traballos a través de 7 claves e durante 7 minutos.

Afterwork7, primeira edicion en Vigo. Violeta Janeiro y Alexia DotrasVioleta Janeiro é a comisaria e impulsora de AfterWork7, que busca forxar unha comunidade na que a xente creativa de distintas disciplinas da cidade poida coñecerse e intercambiar ideas. Despois de traballar no mundo da arte en cidades como Nova York, Venecia e Shanghai, esta viguesa volveu á súa terra, na que a través destes encontros pretende replicar un formato similar ao que desenvolveu con grande éxito en Shanghai xunto cunha publicista inglesa e un fotógrafo hindú.

Nesta primeira sesión de AfterWork 7 o noso fotógrafo Andrés Fraga, tamén coñecido por ser un dos dous tolos protagonistas de 6Mpasos, o Camiño de Santiago (a pé!) desde Noruega a Compostela, desvelou as 7 motivacións da súa vida persoal que aplica ao traballo: viaxar, aprender, innovar, arriscar, sumar, compartir e disfrutar. Seguiulle Tía Nuna, da que xa vos falamos nalgunha ocasión, que compartiu como fai do ganchillo o seu medio de expresión.

O evento tamén contou coa participación de Carlos Domínguez, ‘Pity’, unha persoa tremendamente polifacética que se define como “aprendiz de todo, mestre de nada”. Representa a marcas como Merck e Nike e organiza eventos como o festival O Marisquiño, que confesa é a súa paixón. Múltiples vertentes nas que aplica unha boa dose de ilusión, confianza, organización, inquietude, capacidade de adaptación e autorealización, sen esquecer a sempre necesaria desconexión.

Alexia Dotras, profesora universitaria, libreira e xestora cultural sacou de todos os presentes o neno/a que levamos dentro coa axuda de 7 contos, e Eva Díez, unha das fotógrafas seleccionadas por Photo España para a súa edición de 2012, convidou a soñar coas súas Reflexións Animais nas que os ratos de laboratorios se converten en curiosos científicos e os ourizos len a Julio Verne.

O AfterWork 7 presentaranos novas almas creativas con carácter periódico, cada mes ou cada dous meses. Todas as novidades poden seguirse no seu blog e no seu Facebook.

Afterwork7, primeira edicion en Vigo. Tia Nuna

Fotos | Afterwork7 e Disquecool

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *