Cake pops: superando os cupcakes

Cake popsA repostería creativa está a experimentar un boom incomparable entre os simples aficionados. Youtube énchese de vídeos explicando como facer unha torta con forma de casa, de bebé ou de Mickey Mouse, xorden tendas diversas onde comprar moldes, fondant e libros inspiracionais, podemos atopar cursos a montóns, e as pastelerías esfórzanse por coidar máis e máis os seus escaparates con deliciosos pasteis decorados.

A consecuencia? Dentro da repostería, as modas sucéndense a velocidade de vértixe e se ata hai pouco as cupcakes (pequenas tortas individuais) eran a cousa máis cool que había, hoxe están xa desfasadas. Porque o que se leva agora son os cake pops: pequenos biscoitos redondeados, cubertos por chocolate, caramelo ou outras coberturas, e pegados a un pau de piruleta.Cake Pop Cupcake

As súas vantaxes son moitas. Fronte ás cupcakes, nas que un sempre acaba coas miguiñas desfacéndose polas mans, aquí temos o pastel comodamente pegado ao seu pau, o que facilita levalo á boca con estilo. Polo demais, ao ser tan pequeniños resultan ainda máis adorables, acendendo algunha luz na nosa memoria remota, esa onde temos as imaxes de  nós nenos, cos xeonllos cheos de rabuños, pero felices coa piruleta na boca.

Os cake pops xurdiron como unha evolución dos buracos do donuts (cando se comezaron a comercializar), biscoitos de forma redonda, con glaseado e cubertos con toppings. Pero se hoxe son unha tendencia mundial é en gran parte gracias a blogger de repostería Bakerella. Ela comezou a idear divertidas formas de cake pops (e a explicar como se facían) e os seus consellos pronto se expandiron pola rede ata chegar, incluso, a España.

Lonxe deses chupa-chups de biscoito do principio, os cake pops foron perfeccionándose ata representar formas complexas como animais, personaxes varios do imaxinario infantil ou creacións orixinais coma os soldados Cupcake que vedes na foto pequeniña de arriba.

Cake Pops de Bakarella

Fotos | Love From The Owen, Bakerella

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *