5 anuncios que usan o mundo Bollywood

Por que nos entusiasma Bollywood? Levan un traxes vistosos, bailan dun xeito divertido (probade, xa veredes) e ademais teñen toda esa pátina de exotismo que tanto fascina dende aqueles tempos lonxanos nos que os fumoir das casas elegantes tiñan decoración orientalista. Todo é positivo (nas películas de Bollywood sempre todo remata ben!) e feliz. E no fondo todos queremos andar brincando como cabuxas polo mundo adiante, levando vaporosos saris e moitas cousas ruidosas no pulso. Se cadra por iso a publicidade usa tanto o mundo Bollywood para vendernos o que sexa.

1. Nissan: A nova estrela da India.

Unha clásica historia de amor imposible entre un raparigo que conduce un Nissan e unha moza cun pai demasiado esixente en cuestións de amor. Ademais dunha historia de sabor Bollywood é tamén un exemplo dunha boa campaña en social media. Os extras foron seleccionados vía concurso en Facebook.

2. Coca-Cola. Pita del.


Foi como unha especie de febre. Coca-Cola lanzou no verán de 2004 unha campaña chamada Gurú na que un sabio indio demostraba cantando e bailando que a felicidade estaba nunha desas bebidas refrescantes. A letra, pegañenta como goma de mascar, foi cantada por todo o mundo, que pensaba que estaba a cantar perfectamente en hindi (aínda que en realidade había moito inventado pola axencia de publicidade responsable). O anuncio naceu para o mercado español, pero a canción cruzou a fronteira.

3. Peugeot 206. Tipo desastriño.

Posiblemente teña de todas a música que dá máis ganas de bailar das bandas sonoras dos anuncios bollywodienses. A canción final, que lle da o toque chulesco ao anuncio, é clave para darlle un aire divertido á historia dun pobre rapaz que non consigue o coche que quere e fai todo o posible para tunear o que ten.

4. Heineken. A cita.

Non vos estou enganando. O anuncio que vedes está inspirado no mundo Bollywood. A canción que se escoita pertence á banda sonora dunha película bollywoodiense (e encantadora) dos 60.

5. Evax. Hoxe síntome Bollywood

Para que vexades que Bollywood non sempre inspira cousas boas. Un anuncio dun protexeslip de certo aire oriental.

Foto | Meanest Indian

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *