Destacados, Estilos de Vida — 17/02/2012 9:36

Buscando disfraz para o entroido

Escrito por

Non vou tratar de convencervos de que o entroido é cool. Hai a quen lle gusta e hai a quen non, e aos segundos eu métoos no mesmo pack que aos que odian ir a praia, bailar ou comer. Son xente da que non debemos fiarnos!

Pero tras gañar un ou dous inimigos, podo dicir que o Carnaval non é cool, nin falta que fai. É esperpéntico, pero tamén moi divertido. E tras meses de preparación (polo menos nalgúns lugares, na provincia de Pontevedra claramente non), un pon a proba o seu enxeño imaxinando o disfraz que fará que todo o mundo o sinale pola rúa: “Ei, o teu si que mola. Ti si que molas”.

Tamén sabemos que moitos dos nosos lectores son hispters avezados e que prefiren impresionar cun traxe de entroido que deixe claro o que son. Xente cool.

Para eles (e para todos os demais) deixamos as seguintes propostas. A semana que vén veremos se as ideas vistas pola rúa estiveron á altura!

Para culturetas amantes do pop, nada mellor que vestirse como o protagonista dun cuadro de Roy Lichtenstein. Visto en Languido e Rubato.
Para pais nostálxicos. Visto en Likecool.
Porque somos moi fans da estética Steampunk. Visto en Pinterest.
Barroco con máscara incluída. Visto en Favim.
O disfraz máis entrañable. Visto en Amy Flynn Design.
Argumento de autoridade. Se Keiko Lynn di que disfrazarse de Mary Poppins é xenial, é que é xenial. Visto no seu blog.
Quen no quedou namorado de Johnny Deep en Eduardo mans-tesoiras? Visto en Geekcrafts.
Para que non digades que so me fixo no bonito. Visto en My Modern Met.
E se nada disto serve...

 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...


Comparte en Chuza Difundir a nova en Cabozo
Etiquetas:

2 comentarios

Deixa un comentario

— obrigatorio *

— obrigatorio *