Miniplanetas galegos

Hai moitos anos descubrín os mapas online, e non me costa recoñecer que, de xuntar todo o tempo que pasei diante de páxinas como Google MapsNokia Maps ou SigPac, xa tería sacado un máster en algo útil (topografía?). Pero o certo é que xa o simple pracer de poder voar sobre case todo o planeta (para cando un bo sistema para ver a Antártida?) ofrece material como para pasar o resto dunha vida.

Aínda así hai ferramentas que o fan se cabe máis interesante. Unha delas é  Streetview Stereographic, un algoritmo que, utilizando as imaxes de Google Street View, crea curiosas proxeccións estereográficas que resultan en pequenos ‘planetas’. Nós demos un paseo polas cidades galegas e vos deixamos unhas cantas imaxes do sistema galaico.

A Coruña
Miniplaneta A CoruñaVigo
Miniplaneta VigoSantiago de CompostelaMiniplaneta Santiago de CompostelaLugoMiniplaneta LugoOurenseMiniplaneta OurenseFerrolMiniplaneta FerrolPontevedraMiniplaneta Pontevedra

E vós, xa creastes os vosos miniplanetas?

Shares

3 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *