Disquecool invita: Voces Femeninas 11 en Vigo

Voces Femeninas 2011Un novo concurso? Si! Regalamos unha entrada dobre, cortesía dos nosos amigos de Coconut Producciones, para o festival Voces Femeninas ’11 en Vigo o vindeiro sábado 26 de novembro. Que debes facer para participar no sorteo e poder ver a Sarah Jaffe, Hannah Peel e Mina Tindle pola patilla? Moi sinxelo: deixa un comentario neste post dicindo quen sería cabeza de cartel no teu festival Voces Femeninas ideal. (Si, admitimos propostas de xente que xa non viva, o ideal non ten por que ser posible). Tes ata mañá 25 de novembro ás 23:59 para participar!

BASES

– Para participar é necesario ser maior de 18 anos e residir en España.

– O concurso inicia hoxe 24 de novembro, e remata o 25 de novembro ás 23.59 horas.

– Para participar debes deixar un comentario indicando quen sería cabeza de cartel no teu Voces Femeninas ideal. Tras o peche do concurso realizaremos un sorteo con Random entre todos os participantes.

– Contactaremos co gañador a través do mail que deixe ao realizar o comentario o día 26 a primeira hora da mañá. Haberá un sobre ao seu nome coas entradas en taquilla do Centro Cultural Caixanova. Os correos electrónicos requeridos á hora de realizar un comentario só serán utilizados para contactar co gañador, e non serán almacenados a posteriori en ningunha base de datos.

Shares

11 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *