Cool Packaging: R

Se ves porcos voadores e cebras no salón non está soñando. Se escoitaches falar de móbiles que detectan o recheo das empanadas e distinguen os pementos que pican dos que non, tampouco estás soñando. O máis seguro é que esteas diante dun anuncio de R, a operadora que aposta pola retranca e a orixinalidade á hora de publicitarse e proxectar a súa imaxe corporativa. O envoltorio dos seus produtos non podía ser unha excepción: as caixas de móbiles que parecen ensaladas e as tarxetas SIM que semellan vivir en latas de sardiñas pertencen sen dúbida á categoría de Cool Packaging.

As habituais caixas de móbiles non teñen nada que ver con este envoltorio, que lembra a unha ensalada. Unha vez aberto, as sorpresas seguen: nun recipiente de porexpan, retractilado como as bandexas dos supermercados, o consumidor atopará o terminal, “fresco e listo para consumir”, tal e como afirma a axencia de publicidade Quattro idcp, artífice deste traballo, que resultou seleccionado polos premios Anuaria 2010 na categoría de Mellor envase ou liña de packaging.

ensalada packaging r

O kit de tarxeta SIM de R tamén vén presentado dun xeito inusual, como se dunha lata de sardiñas se tratase. O invento logrou un Áccesit nos Anuaria na categoría de Mellor Manual e foi publicado en Basic PACK, colección de mellores packaging editada por Index Book.

 

 

Empresas situadas nos polígonos industriais galegos almorzaron Special R, unha acción de marketing directo que se vale do packaging para ofrecer no seu interior unha serie de ofertas da operadora.

 

Fotos | Quattro idcp, axencia de publicidade autora destas obras de packaging

* Esta información forma parte do especial Cool Packaging, unha selección das embalaxes que máis nos gustan. Podes ver máis aquí.

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *