É algo moi normal que os directores de cinema utilicen os elementos formais da narración para potenciar os elementos líricos da historia que queren contar. Son cousas como que o malo ten que ter cara de malo, ou que nunha escena triste case sempre chove. Sofia Coppola en ‘Somewhere’ vai un paso máis alá, e exterioriza na propia narración o estado de ánimo da personaxe principal, coma se este protagonista contaxiase á película desa tristeza ou desa ledicia que ten: cando ves ao protagonista atormentado, aburrido, sentíndose ridículo, a narración é lenta, longa; cando está ledo a narración e áxil, agradable, doada.
Houbo un momento na preprodución no que Sofia Coppola dixo “cando Jonhy Marco está aburrido a película ten que ser aburrida”. É unha decisión moi cerebral, moi premeditada, e por outra banda moi arriscada. Se cadra é coma unha especie de suicidio romántico no que a idea lévase ata as derradeiras consecuencias. A película está pechada sobre si mesma, e efectivamente ten partes aburridas. Pero son deliberadamente aburridas. Ao final é algo así como que Sofía Coppola agasállanos con ese aburrimento, temos que desfrutar del; pero pódese desfrutar do aburrimento?
Cando remata a película sentes que algo non funcionou de todo. Pero entón analízala e ves que todo concorda, que é redonda no seu plantexamento, que é lenta cando ten que ser lenta e que brilla cando ten que brillar, e que dalgún xeito si que funciona a posteriori. Non podes dicir nada negativo dela salvo cousas subxectivas como que é moi frívolo narrar a difícil vida atormentada dun actor de éxito de Hollywood. Ah! E o gusto estético de Sofia Coppola? Con banda sonora dos Strokes e Phoenix, e esa aura indie que tanto nos gusta…
Fotos | Somewhere
A ambientacion está ben, igual que a música. Pero a película en si… un aburrimento…
BAZURAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!