Cool Packaging: Paco & Lola

Non nos enganemos, o interior é importante, pero o exterior tamén ten a súa relevancia, polo menos cando falamos de produtos e marcas. Quen non se decantou por unha botella de viño cunha etiqueta elegante nos estantes do supermercado por pensar que sería de máis calidade? Quen non sente nostalxia dos paquetes de galletas da infancia, ou do bote de Cola Cao? Quen non mercou algo só por conseguir a caixa ou bolsa que o contiña?

Hai embalaxes que traen lembranzas, outros que invitan a tocalos, hainos tan bonitos que nos gusta conservalos. O packaging pode ser, por que non, unha arte, e con esta filosofía iniciamos o noso especial Cool Packaging, no que vos iremos mostrando os nosos embalaxes preferidos. Así, alternaremos o made in Galicia cunha selección dos mellores packaging do mundo mundial. Para que mires (e toques) dúas veces antes de abrir.

Ante a volta ás oficinas e ás clases, queremos intentar alongar a alegría do verán ao máximo, e por iso iniciamos o noso Cool Packaging con Paco & Lola, o Albariño divertido.botella de paco&lola

Cunha imaxe tan moderna e sofisticada -moi rompedora para unha viño-, non é de estrañar que se paseara pola Premier de Vicky Cristina Barcelona en Los Ángeles, e que fora escollido para a festa de clausura da Barcelona Fashion Week 2008.

Os seus lunares danlle un toque divertido, con certo aire español pero cosmopolita ao mesmo tempo. Xunto cos toques de azul do tapón e o logo, conforman unha imaxe moderna e fresca que gusta aquí e no estranxeiro. Paco & Lola prodúcese no Salnés, pero vende fóra máis do 60% da súa produción, e en 2008 este Albariño fíxose coa Medalla de Prata de Packaging Design na International Wine & Spirits Competition de Los Ángeles, dentro da categoría ‘deseño contemporáneo’.

A calidade do seu viño ten por suposto moito que ver, pero sen dúbida a súa imaxe é fundamental á hora de conectar cos que eles mesmo denominan ‘pacololeros’, os seus fans.

Paco&Lola Licor de Frambuesa

Mención aparte merece o seu Licor de Framboesa, tan elegante que parece un perfume. Fíxate na forma da botella, coroada cun tapón de lunares, ou na caixa negra mate. Dan ganas de botar unhas pingas no pescozo!

Este deseño de packaging obtivo en 2010 a Medalla de Ouro tamén na International Wine&Spirits Competition, en tres categorías: ‘Overall Package’, ‘Special Boxed Set’ e ‘Best of the Show; container’.

Paco&Lola iwine

Cae de caixón que os ‘pacololeros’ teñen moitas posibilidades de ser grandes fans da marca da mazá, algo ao que en Paco & Lola saben sacar partido sumándose á moda do i, co seu iWine, que sorprende a todos os niveis. Baixo o lema ‘Play the wine’ presentan un viño nunha botella opaca que lembra aos famosos reprodutores musicais de Apple. Claro que, neste caso o contido é se cabe aínda máis innovador que o continente: nada máis e nada menos que Albariño elaborado con neve carbónica.

Estes días no seu blog están a xogar coa adaptación da imaxe de Paco & Lola a distintos estilos gráficos. Quédome coa versión cómic, cun toque pop que venlle que nin pintado ao Albariño dos lunares.

Fotos | Andrés Fraga e Paco & Lola

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *