Barbies de cine

Barbie é unha das iconas pop por excelencia. Así, é natural que estea emparentada con outros subprodutos da mesma cultura pop: os filmes de masas.

E é que cando falo das Barbies de cine non me refiro as Barbies de debuxos animados que poboan miles de películas infantís pastelosas. Non, nin sequera me refiro a súa máis digna actuación en Toy Story 3. Falo de bonecas de carne e oso (plástico?) que representan as grandes figuras do celuloide: Scarlet O ‘Hara, Mary Poppins, Jack Sparrow ou a fantástica Sandy de ‘Grease’.

Trátase dunha das múltiples subcoleccións da serie Barbie Collector. Unha serie interminable só para coleccionistas onde podemos atopar dende Barbies do mundo (traxe típico e faccións étnicas incluídos) ata Barbies vestidas por famosos deseñadores de moda, pasando, por suposto, polas Barbies de cine. Repasemos algunhas.

Na foto de portada podes ver as protagonistas de ‘Grease‘ de sport. Aquí embaixo móstrochas versión de festa.

E a Sandy macarrilla para-conseguir-amor-tes-que-renunciar-ao-que-eres tamén ten a súa boneca:

Scarlett, de ‘Foise co vento’:

 

Mary Poppins e familia:

A tripulación se Star Trek:

Os de ‘Crepúsculo’, para que as adolescente continúen a xogar con bonecas:

Jack Sparrow e compaña:

E hai moitísimas máis. Pon Barbie Collector en google, acompañado dalgún filme mítico e asegúroche que sae algo. Polo demais tamén hai moitas Barbies de múltiples series, pero iso terás que buscalo ti mesmo.

Fotos | Qué, Pennys Day BookCollector Quest,Vintage Toys, Just a few of my favourite things, Sashahalima, Toys’r’us y Keep to the code.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *