Cine en versión orixinal en Vigo

Por fin os multicines Norte de Vigo escoitaron todas as nosas súplicas e decidíronse a por un filme en versión orixinal subtitulada cada semana. Vale, so é unha das cinco salas, pero a min paréceme xa unha gran cousa. Esta semana, por exemplo, poderemos ver ‘Incendies’, nomeada o ano pasado ao Oscar para mellor película estranxeira, en francés e con subtítulos en castelán.

É o camiño lóxico para un cine que, se quere sobrevivir, so pode facelo a través dos contidos. Xa van moitos anos que os multicines Norte, incapaces de competir en canto a calidade das salas cos novos cines, optaron por diferenciarse na programación, escollendo filmes máis alternativos e que non era posible ver nos outros cines da cidade. De todas formas, eles non parecen estar moi convencidos coa súa aposta, xa que na páxina web dos cines (que os recomendo ver sempre que queirades saber os verdadeiros horarios, porque fiarse da cartelera do Faro de Vigo da algúns disgustos) veñen a dicir: xa que tantos nos pedistes cine en versión orixinal, non nos sexades langráns e vir (con outras palabras, claro).

Eu, pola miña parte, penso ir en canto poñan a seguinte que teñen programada: ‘Midnight in Paris’, a última de Woody Allen. E felicítolles sinceramente, porque é a primeira vez que temos en Vigo (e seica en Galicia) unha programación en versión orixinal continúa e diaria.

Ala, todos aos Multicines Norte que hoxe é Día do espectador (4 euros)!

Foto | Multicines Norte

Shares

    4 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *