E o caramel macciato chegou a Santiago

Mercedes Mora renovou xa fai algún tempo o seu café da zona nova de Santiago. E o resultado mellora mil veces á anterior cafetería. Do café lixeraimente demasiado apto para señoras que estaban a acabar coa capa de ozono peiteido mediante, deu paso a unha cafetería que mestura o espírito Starbucks coa mellor confitería.

A zona de cafetería, ao fondo, é autoservicio: todo se pide na barra. E na carta de cafés están moitas das delicias que fan tan populares ás cadenas de cafés ao estilo Starbucks (e hai tantos no mundo…) Caramel latte é o meu favorito (café con leite dos de sempre, pero regado de caramelo), aínda que hai moitas máis versións do café para que se poda elixir. Tamén hai smoothies, zumes, cocktails sen alcol e outras cousas cosmopolitas.

O problema: o contido está ben… pero non só hai que encher o vaso de caramel latte, tamén hai que servilo no seu espírito. Un toque máis do estilo cafeterías-pseudocool-do-mundo non estaría mal. Os smileys da cadena Faborit están moi ben. Por exemplo. E, medio problema, as cadeiras e as mesas están ben; pero nun sitio así ter máis dun sofá cómodo (e estiloso) non estaría de máis.

A zona de confitería é estupenda: por ser Semana Santa está agora mesmo chea de ovos de chocolate. Pero nos estantes pódense ver algúns dos contidos habituais. Xogos de mesa chocolateados, latas de sardiñas de chocolate, turrón, tabletas e outras delicias dignas de facerse fan delas.

Ademáis do servicio en local, pódese pedir para levar. E gran acerto: Mercedes Mora importou a tarxeta de fidelidade. Tras catro cafés para levar, o quinto é gratis.

Foto| Disquecool

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *