Bookcrossing para o Día do Libro

O Día do Libro é o 23 de abril, pero como este ano cae en plena Semana Santa, numerosos museos decidiron adiantalo ao 15 de abril, é dicir…mañá! E como o van festexar? Liberando libros mediante o tradicional método bookcrossing.

O bookcrossing naceu hai xa 10 anos co obxectivo de facer do mundo enteiro unha biblioteca (a imaxe non poder ser máis bonita). Así, podes deixar libros libres en lugares públicos ata que outra persoa os colle, os le, os goza e os volta a “liberar”.

Este ano sumaránse á iniciativa 31 museos españois, que liberarán uns 2500 volumes. Entre eles atopamos dous galegos: o Centro Galego de Arte Contemporánea, de Santiago de Compostela e o Museo de Arte Contempóranea de Vigo (MARCO). Os libros que liberarán pola cidade para ser compartidos son catálogos duplicados e están rexistrados en bookcrossing.com, acreditados coa tarxeta necesaria e coas instruccións precisas para que saibas como participar.

Anímaste a buscar libros pola túa cidade? E a liberar algún que outro título?

Foto | Andrés Fraga

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *